modernism tradition. siemens. braun


carta de ‘siemens’. alemania. 30’s / publicidade ‘braun’. alemania. 60’s
esslinger wollheft. 30’s

esslinger wollheft. 1930-1932. 295×148 mm.
deseñador descoñecido
serie de portadas do que semellan catálogos de venda para o fabricante de téxtiles de la merkel & kienlin, da cidade de esslingen, na rexión xermana de stuttgart baden-württemberg.
as portadas reflicten unha clara influencia da ‘neue typographie’ desenrolada nos anos 20 en centro europa e que tivo unha das súas principais e primeiras aplicacións no mundo da publicidade.
durante a década dos anos 20, e ata a chegada ao poder do nacional-socialismo en alemania na metade dos anos 30, co seu rexeitamento frontal ás formulacións modernistas e de vangarda no mundo da creación, que denominou arte dexenerada +, a publicidade foi o principal banco de probas das novas teses formuladas en deseño e tipografía por deseñadores como jan tschichold, walter dexel ou laszlo moholy-nagy.
dúas circunstancias principais explican este encontro de intereses. por unha banda un contexto social de progresiva consolidación das clases medias coa ‘democratización’ do consumo como íntima consecuencia, e por outro lado, a necesidade de desenrolar novas linguaxes visuais afastadas do ‘imaxinario’ burgués e victoriano para comunicar os avances tecnolóxicos que a industria proporcionaba, máis interesada en ofrecer unha mensaxe de innovación e eficiencia.
xunto a estes dous factores, as propias características da publicidade como ferramenta de comunicación, máis proclive á experimentación e menos suxeita ás ‘normas’ ou dogmas do mundo editorial, promoveron que deseñadores como max burchartz e a súa axencia werbebau + + ou anton stankowski + + +, foran dos primeiros en aplicar a ‘nova tipografia’ con fins comerciais, caracterizado polo emprego de tipografías sen serifas (grotescas), un maior rigor na composición dos elementos visuais na páxina, favorecendo unha xerarquía e unha orde na lectura e na transmisión da información e, por último, no emprego preferente da fotografía e a foto-montaxe, trasladada de movemtentos artísticos como o dada, en detrimento da ilustración.
as imaxes dos catalógos pertencen a ‘jan tschichold collection’ do arquivo online do museo de arte moderna de nova yorque +
fotografisch abc boek. letras e fotos. letters and photos











fotografisch abc boek. libro fotográfico abc
fotos de piet lied e poemas de jan knip. deseñador descoñecido
publicado por bussum f.g. 1940
ernst keller. das neue heim. a nova casa

das neue heim. the new home. a nova casa
deseño ernst keller
selo conmemorativo da exposicion ‘das neue heim’ (a nova casa) celebrada no ‘kunstgewerbemuseum’ de zürich no ano 1928.
ernst keller foi un dos impulsores da escola de deseño de zürich (onde foi profesor de deseñadores como emil ruder e josef müller-brockmann). foi un dos primeiros deseñadores en suiza en aplicar as ideas da ‘tipografía elemental’ e de continuar as experiencias tipográficas desenroladas na bauhaus.



leave a comment